Arquivo

viernes, 4 de noviembre de 2016

TRAMO 10.- PEDRAFITA DO CRISTO DE MOURÁZ

Escomenzamos pola milenaria Pedrafita de Mouraz recuperada, despois de varios anos ninguneada.
Efectivamente, a fiel guardiana do histórico cruce que empataba o Camiño dos Arrieiros cos asentamentos da sua bisbarra. fora esnaquizada e apartada do seu habitual emplazamento; namentras o seu carón montaran un centro recreativo, que a dia de hoxe está a selva.
Permanece intacta, agás recortada en altura: dos 164 m pasaron a ser 120m!!!

Mais, recordemos como era antes, hai 25 anos....

COORDENADAS:
Latitude: 43 37 6 86 N
Lonxitude: 7 47 3 01 W
Altura nivel do mar : 392 m
Daquela , vinte anos atrás;  despois da emoción que resultara tela descuberto, a croquizáramos e a  puxéramos en valor como un elemento de primeiro orde dos moitos que un dia sinalizaron o Camiño dos Arrieiros.

Tedes máis información deste mobiliario neste mesmo blog. Non tedes máis que mirar no seu correspondente arquivo.


No hay comentarios: