Arquivo

martes, 10 de mayo de 2011

DIA 14 DE MAIO do 2011. Voltamos de novo ó Camiño un ano despóis!!!







E de feito non esquecemos o bén que o pasaramos na edizón do 2010!

Con moita ilusión, explorado diferentes carreiros para ir mellorando a ruta; sempre tendo como referencia a orixinal, seguimos adiante.

Penso que seguirán a pasar cousas boas para esta emblemática ruta nos vindeiros anos, mais acó imos seguir, paseniñamente, sen presas mais con esa constancia que só é sinónimo daqueles que se enorgullecen do seu patrimonio, loitan por conserva-lo e traballan arreo por dignificalo.

Parabéns a PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES "Canto máis!!", pola sua constancia, apoio e ánimo.

De seguro, con eses ó frente desta empresa , lograremos ó final o que procuramos:

A SUA DIGNIFICACIÓN E FACHENDA para ós tres CONCELLOS que o protexen: As Pontes, Ortigueira e Mañón , QUE siguen durmindo considerándoo que a COUSA NON É SUA, mais a nosa loita constante por esa dignificación pasará por riba do seu OFICIALISMO e nós, as bases e organizacións populares, conseguiremos para a nosa xente de MAÑÓN, ORTIGUEIRA e AS PONTES o que os seus Gobernos Municipais non souperon sin saberon facer.

Mais , querida xente: o reto continua, e o vai facer este sábado, 14 de Maio. quedamos as nove e media da mañán nas portas do Museu Etnográfico do Colexio do Monte Caxado, nas Pontes.... HABER, QUEN SE ANIMA!!!