Arquivo

jueves, 1 de abril de 2010

Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 0. A Saída.





Pasaban as dez da mañán e o tempo era bó; non amenazaba choiva e o vento amainara. Faltaban duas persoas e polo demáis estabamos tod@s. Os ánimos eran moi bós e habia moitas gañas de andar... ese Camiño Primitivo que tantos desexos suscita; cecáis o querer e non poder, porque para te-lo -como tóda-las cosas- hai que traballa-lo.
E así terá que ser; é un reto tanto para a xente das Pontes, como a de Mañón e resto do país. Un reto que iniciamos esa mañán do dia 27 de marzo do 2010, víspera do domingo de ramos, con bó ánimo e gañas de recuperar un eslavón máis da nosa historia.

Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 1 (a)













Suave subida saindo das Pontes ate o cruce de Garabatos.


Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 1 (b)













Os grandes espazos abertos de Garabatos fánnos cambiar a rota.
Moito máis doada agás do forte repechón final. Paga a pena.


Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 2












Seguimos pola bisbarra de Garabatos, todo un achádego; ó final subimos a costa e remontamos cara as Mámoas de Marraxón, para empatar coa estrada e coller o sendeiro que sube cara os postes da conducción eléctrica...



Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 3












Unha vez arriba, enfilamos a ruta cara o Caxado sen contratempos, agás dun peche de arame que detuvo a marcha un anaquiño , mais nada pode contra 25 vizos@s andaríns.



Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 4












Cecáis sexa o paso máis duro esa subida polo cortalumes pola aba do Caxado (1), para despóis ir a rentes dos derradeiros crestóns (2) ate bater con ese pinar agardado (3) para facer o acougo obligado antes de proseguir cara sortear os novos crestóns ( 4 e 5 ) que se nos van presentar antes de chegar á Cabana.



Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 5













No lugar da Cabana tivemos que percorrer un bó treito da (1) estrada xeral para desviarnos cara o Chan de Armada a ollar unha cruz (2) ancestral -outra célebre cruz no Camiño dos Arrieiros-, para darnos un respiro e xantar nun pinar ben abeirado, onde non faltóu o toke final da nosa música espiritoal.
Seguindo camiño, achegámonos a pista que baixa o caserón das Eiroas para remonta-la e pasar o carón dunha nova cruz (devolta ó seu sitio orixinal por fin!!) (5), para baixar definitivamente á estrada xeral cara o Bidueiro.
Deixamos o Concello das Pontes para meternos no de Mañón.

Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 7 (a)












No lugar (1) de "Mámoas" fica o enorme campo de túmulos comandado polo grandioso "Forno dos Mouros", misteriosamente rozado e limpo. Subindo cara o seu curuto (2) " o poso da enerxía" chámanlle os nativos á parte superior violada das mámoas.
Despóis das fotos de rigor, o noso amigo e compañeiro Marcial, arqueólogo; dános as oportunas explicacións non só da cultura das mámoas , senón en xeral explicóu con tino unha serie de factores que se tiveron en conta tanto na construcción como no desenrolo das inhumancións nos periodos antigos.



Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 7














Marcial amplióu e desenrolóu a sua explicación anterior esta vez ante o Cristo da Faladoira, un "marco sobre un marco" , como bén apuntaba o noso amigo.
Atopámonos encantados de ollar limpa a mámoa sobor na que se ergue a noutrora pedrafita (hoxendía cristianizada en forma de cruz).
Atopámonos de novo ante un ancestral cruce de camiños.

Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 8



No Monte Faladoira, entre a casilla vella (2) e a de madeira (1)

Roteiro 2010. Primeira etapa. Tramo 9 e Tramo 10 (a)













Despóis de ollar abraiados no Candedo nunha marquesina un mapa dun roteiro "San Pedro - Candedo", sen mención ningunha o Camiño dos Arrieiros ( que é o eixo que vertebra tódolos camiños dende As Pontes a Vares), enfilamos o derradeiro tramo cara o Mouraz: As Pedras Longas.
Dous e medio kilómetros dunha longa pista que se nos fai eterna, mais coincidente co Camiño Primitivo dos Arrieiros.