Arquivo

sábado, 13 de febrero de 2010

TRAMO 9 - (1´5 Km) O Candedo









O Camiño dos Arrieiros baixa maxestuosamente o suave outeiro (1 e 2) da Faladoira, e ate algúns anos, desembocaba na estrada de Mañón casi intacto. Arestora con o novo trazado e ancheado desa estrada, o Camiño fica cortado (3), perdéndose un dos tramos máis enteiros do mesmo.

Colleremos a pista asfaltada do Candedo a través dos 1´5 km , pasando o carón dunha granxa (como alternativa propónse subir pola pista eólica (4) que temos a nosa esquerda e ir ate o final, posto que o Camiño Real vai parello a ela). Finalmente ábrese a nosa dereita unha pista ancheada de terra coincidente co Camiño dos Arrieiros.

TRAMO 10 ( 2`5 km) As Penas Longas e o Cristo de Mouraz















Coincidente co Camiño dos Arrieiros, esta pista de gran anchura e de firme de terra con tramos embarrados, discurre en liña recta a través das zonas arboladas da nosa esquerda , chairas , zonas tumulares (Penas Longas) a nosa dereita (449 m) , fermosas vistas (Pegueiro), para rematar cunha gran zona tumular á nosa esquerda, chegando o cruce do Cristo de Mouraz, coa sua pedrafita que sinaliza outro ancestral cruce de camiños(392 m).

TRAMO 11 - ( 2 km) Os Muros de Chao






No cruce do Cristo de Mouraz, colleremos o sendeiro central e iniciaremos unha forte subida a través de zonas arboladas de pino (Chao de Pico e Serrón) , deixando á nosa dereita os acantilados do Carranco, ate unha grande e fermosa zona achairada onde podemos xá divisar o mar (515 m). Hoxendía esta chaira está ocupada por un parque eólico , eliminando os “ antergos i emblemáticos muros” de pedras e terra , que alí ficaban.

TRAMO 11 - (9, 10, 11, 12 e 13) Restos arqueolóxicos













Si ben eliminaron os míticos Muros de Chao ( 4 e 5 ), todavía non lle chegóu a hora a esta estrana composición pétrea que trascende o que é unha mámoa normal, para convertirse en un túmulo cunha ringleira de penas chantadas non dos seus lados e que se atopa na subida do Serrón, perto do Carranco.


TRAMO 11 - (14, 15, 16, 17, e 18) A Chaira dos Muros de Chao













A desfeita tén un nome: a igñorancia vai parella coa desidia e o abandono.
Noutrora, a fermosísima chaira dos Muros de Chao , (que gardaba celosa eses ancestrais muros
(1) representaba o punto da esperanza do camiñante, pois dende alí visualizábase o Atlántico co seu explendorosa Serra da Capelada. Hoxe en día, a chaira sigue no mesmo sitio ( polo menos algo é algo!), mais achegarse a ela xá non é o mesmo: os nosos impertérritos próceres ocurréuselles montar precisamente alí unha subestación eólica con os seus subsiguintes muiños, facendo daquel espazo especial, un eslavón máis para os seus negocios, suprimíndonos o xá de por sí precaria visualización medioambental.
Pero non para ahí a cousa: un pouco máis para abaixo, ficaba un pechado moi fondo con restos palpables de asentamentos (2); un bó dia todo iso desaparecéu... o achairaron todo.
O Camiño dos Arrieiros subia cara a chaira dos Muros de Chao para de seguido atravesar a estradiña asfaltada que se atopa no final da chaira e seguir de frente internándose nun espeso e frondoso pinar con abundantes cons, destacando unha formación de pedrafitas alineadas (4 e 5).
Mais si queredes atallar, hai un camiño que vai directamente á Mamoa de Barreiro , unha vez pasada a estradiña (3), tendo a vosa dereita o que noutrora fora un asentamento moi, moi antergo.

TRAMO 12 - 1, 2, 3, 4, 5 e 6 ( 3,5 km ) A Coriscada












Atavesamos a estradiña que fica ó final desta noutrora emblemática chaira dos Muros de Chao, e adentrámonos nun espeso (2) bosque de pinos, onde baixamos ate bater con unha estradiña (1) que nos conducirá a unha enorme mámoa –no lugar de Barreiros -(4) que nos sinalizará o camiño de subida (3) cara o pico da Coriscada (521 m) a través dun camiño de terra.
O Camiño dos Arrieiros fáise visible aunque discurre entre zonas acotadas de difícil paso. Pasaremos a (5) rentes do pico da Coriscada para ir baixando (Ramisquiado e Pena das Latas) suavemente cara zonas boscosas, deixando á nosa dereita unha ringleira de muiños de vento ate bater co chamado Cruce de S. Pedro (baixando chegaredes o Baleo rumbo a Ortigueira), na estrada de Mañón a Ortigueira.



TRAMO 12 - 7, 8, 9, 10, 11 e 12 A cume e bisbarra da Coriscada













Chegamos a cume da Coriscada, onde unha pequena chaira (3 e 4) fáinos pensar nalgún tipo de asentamento ; o Camiño dos Arrieiros pasa a carón ( 1 e 2 ) dela pola sua suave aba mais vaise separando un chisco , polo que é imposible segui-lo pois teríamos que invadir fincas privadas.
Daquela baixamos da Coriscada (5) primeiro polo propio Camiño dos Arrieiros, para despóis seguir a través da pista de terra que nos vai levar ó cruce de San Pedro, onde batiremos coa estrada asfaltada en dirección Mañón-Ortigueira.

TRAMO 13 - ( 3 km) .- Monín











Iniciamos unha subida a través de cadros indicadores do Camiño dos Arrieiros, enclavados en unha zona tumular, ainda que a dia de hoxe poideron desaparecer por obra e froito dos coleccionistas, que teñen o seu campo de roubos naqueles paises , coma o noso, onde non hai control nin garda nin vela polo seu patrimonio.
Na primeira chaira contemplaremos duas mámoas recuperadas e dignificadas. Mágoa da desaparición do rótulo, obra dos mesmos depredadores a duas patas.
O Camiño dos Arrieiros sube envolto no monte baixo a través das zonas altas, primeiro o Coto de Vilariño (502 m) despóis o Bíncalo (409 m), parello coa pista de terra a nosa esquerda a través dos muiños eólicos.
O Camiño dos Arrieiros, como acabamos de decir, vai pola aba dos outeiros , ate baixar definitivamente a chaira do Cristo do Monte Blanco.
Nós , ante a imposiblidade de ir por él, dado que fica intransitable, iremos pola pista de terra que vai parello cara Munin.
Despóis de diversas baixadas e subidas, chégase a unha chaira onde a esquerda fica o imponente caserío de Munín, e poucos metros adiante a dereita o final do sendeiro que colleremos , os restos do Cruceiro do Cristo da Pena Blanca, que marca outro ancestral cruce de camiños.

O enorme Caserío de Munín fica abandonado.Dende eiquí pregamos que se recupere para a creación dun Centro Interpretativo, antes que caiga en máns privadas.
Este treceavo tramo, poderia encontrarse entre os máis fermosos,mais hoxendía é dos peores, polo seu discurrir pola aburrida pista de terra por tres longuísimos kilómetros.
.

TRAMO 14 - 1 e 2 .- ( 2 km ) Pena Blanca



Iniciamos a subida cara os complexos tumulares da Pena Blanca (386 m) e Pena Moura (333 m) , hoxe minorizados e destruídas polas excavacións eólicas alí consumadas .

TRAMO 14 - 3, 4, 5, 6 e 7 A Chaira do Cristo do Monte Blanco













Xustiño no pé da Pena Blanca existe unha zona achairada que é un cruce de camiños que creemos importante noutrora. Proba delo é o cruceiro alí implantado e hoxe dende xá ben anos, neste estado .
Este Cristo da Pena Blanca marca un ancestral cruce de camiños xusto o pé do emblemático outeiro sacro. Un chisquiño máis abaixo fica unha anterga (4) fonte. O Camiño dos Arrieiros que vén de crestear os outeiros que fican á altura do caserío de Munín, baixa cara esta chairiña , cara este Cristo da Pena Blanca e volta a subir cara os emblemáticos crestós deste especial outeiro, onde agárdannos restos das suas -chamémoslles- marcación de lindes pétreos (5)

TRAMO 14 - 13,12,11,10,9,e,8,- Monte Blanco













Unha chaira histórica (1) por onde o Camiño dos Arrieiros tiña o seu percorrido. A recoñeceredes fácilmente polos crestóns que a definen dende a lonxanía(2). Senlleiras pedrafitas fican como solitarias testemuñas dun tempo onde ficaban acompañadas de outras , e daban forma a construccións que só o bó facer dos nosos xovenes inestigadores fará redurdir da memoria coleciva.
E cando falamos dos xóvenes investigadores queremos decir da esperanza que temos depositados neles, para que collan o sabio mensaxe dos anos e sigan coa incansable tarefa de dignificar cada eido deste pais.


TRAMO 14 - 17, 16, 15 e 14 A Chaira da Pena Moura













Esta zona achairada tén os suficintes vestixios para emprender unha investigación urxente de toda a sua área. O Camiño dos Arrieiros pasa a rentes dela.