Arquivo

lunes, 22 de marzo de 2010


Recordámosvos un pouco o contido deste blog:

Deseñamos no seu momento este camiño de 42 kms entre as vilas de As Pontes e Vares en 21 tramos de 2 ou 2´5 kms cada ún deles.

-Actualmente estamos revisando os tramos afectados polo noso roteiro, que son os dez primeiros tramos que andaremos o vindeiro sábado 27 de Marzo. No noso apartado: tramo por tramo imos recollendo pormenorizadamente aqueles aspectos que nos poden influir -positiva, negativa ou simplesmente organizativa- no desernrolo da marcha.

-Xá adentrados do que é o corpo do blog, podredes seguir tódolos tramos do Camiño dos Arrieiros dende o seu inicio ó seu final.

Por suposto que queda moito que contarvos e moitas fotografías que colgar, que queda moito que denunciar do patrimonio que vimos desaparecer en cuestión de anos, que non meses; as fotos falarán por sí soas, fotos tomadas dende hai 15 anos ate a actualidade.
Polo que invitámosvos a que nos visitedes cada certo tempo; a bon seguro descubriredes cousas novas , porque nós imos seguir no Camiño loitando pola sua recuperación e dignificación.

Ben; a continuación presentámosvos a ficha técnica da xornada que escomenzaremos nas Campeiras o dia 27 de Marzo sobor das dez da mañán; choiva ou non choiva alí estaremos. para cubrir eses dez primeiros tramos; estando tamén citados para que outro día cubramos os 12 restantes ate chegar a Vares.


Treito: As Campeiras (As Pontes) - Cristo de Mouraz (Mañón)
Dia: 27 de marzo de 2010
Saída: 10’00h diante do local da A.VV. das Campeiras
Chegada: 19’30h


Organiza: Liga Céltiga Galaica, Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes
Colabora: Asociación Informática @migus, Asoc. de Estudos Históricos HUME, Clube de Montaña O Caxado


Descrición:
O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 km., unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.

Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.

Un itinerario no que desfrutar tamén da natureza, e dalgunhas especies protexidas como a Erica tetralix, presente en zonas enchoupadas ás que acoden a beber os centos de cabalos que viven en réxime de semiliberdade polas serras.

Nesta ocasión realizaremos un primeiro treito duns 20 km., a través dos concellos das Pontes e Mañón.

Inscricións:
http://www.amigus.org/festas/roteiro_camino_arrieiros/


Contacto:
plataforma@amigus.org
ligaceltigalaica@gmail.com

No hay comentarios: