Arquivo

martes, 14 de abril de 2009

Semán Santa 2009 : RELATO FAMILIAR DUNHA VISITA OBLIGADA

Nos dias 9, 10 e 11 de Abril de 2009 estivera de novo no meu Camiño dos Arrieiros despóis dun longo tempo sen ir visita-lo. Tiña a tola ideia de face-lo en dous dias (a tolemia é patrimonio dos tolos, e os tolos somos aqueles que , xá pasado o meridiano da idade física, todavía temos ilusión de facer cousas tolas que de xóvenes nunca se nos pasaron pola cabesiña). Con esa tola ideia sigo. Ben certo é que o tempo non acompañóu , e tamén certo é que quixen aventurarme só -con esa idea tamén sigo- , e si non foi realidade desta volta, faréina na vindeira oportunidade que se me presente.
Creo que todos deberiamonos plantexar a posiblidade de facer realidade os nosos soños.
De seguido, ofrézcovos o relato; sinxelo, pesado , as veces incorrecto mais cheiño de forza que dá esa ilusión inmorrente de sentirse parte dalgo.
Que o disfrutedes!.
Manolo "Mhor" Camba

Semán Santa 2009 (1) .- Indecisión



Tiña en mente facer en esta semán santa todo o percorrido do Camiño dos Arrieiros, con os seus 40 km dende As Pontes ate Bares. A ideia era coller nas Pontes un taxi que me acompañara ate a mitade do camiño (O cruce de S. Pedro, a 25 km das Pontes), deixar alí o coche e voltar co taxi ate As Pontes, onde escomenzaría sobor das nove da mañán do vernes santo o itinerario.

Preocupado polo custo do taxi ( ida e volta supondrían 50 km en taxi!!!) que me levaría ate a esa planificada mitade do percorrido o vernes santo, saín de Fene o dia anterior, o xoves santo; para pasar noite nalgures do camiño perto da Cruz da Faladoira. Esa noite descargara auga e granizo o que non fixera perante todo o xoves santo, o cál era un bó síntoma.

Na mañanciña do vernes santo as oito e media da mañán xa estaba nas Pontes a percorre-la de cabo a rabo buscando as tres paradas de taxi, pois na principal non habia ninguén. O cabo de 15 minutos peinando a vila optéi por voltar a parada central e preguntar a kiosqueira. Efectivamente, só hai unha parada , aquela ¡! , e seguía sen ninguén.

Sen perder un minuto máis, paséi ampliamente de ese plan ; asi que saín das Pontes i escomenzéi a subir a Faladoira para meter o coche resguardado no pico da Coriscada no medio dunha verdadeira tromba de granizo.

Aproveitando ese intre de descarga, xantéi algo para gañar forzas, e xa ben provisto repaséi todo o que levaba e púxenme a andar, baixando a Coriscada.

Non tiña claro o traxecto a facer arestora, pois a ausencia dun taxi –como punto de apoio- trastocóume completamente os plans de andar o Camiño en dous dias. Decidín rápidamente optar por facer “ un traxecto sen presas, de paseo” de ida e volta ó Cristo da Faladoira distante 9 km, pois eran xá as 10 e media e tal e como tiña deseñado a ruta, tería que saír xá as nove da mañán para chegar a Vares, distante 20 km.

Semán Santa 2009 (2) .- A Indumentaria


Baixando a Coriscada atopámonos unha enorme mámoa que nos sinala o camiño dos arrieiros.

Para afrontar o tempo que xá presentía , tiven que poñer encima do meu pantalón de chándal outro de augas; por riba da sudadeira, un chaleco polar e unha forte capelina, ( que en momentos de sol dobladiña iría nunha bolsa de mán xunto cos guantes). De calzado, optéi por tér os pes sempre secos: deixei as “chirucas” para ir en botas de goma.
Todos sabemos que éstas non son a mellor opción para camiñar, pero o que interesa é a saúde, e todos sabemos como ún se sinte cos pes mollados. Na mochila levaba separados en bolsas de plásticos o clásico avituallamento de froitos secos, chiculate, pan, carne. (as botelliñas pequenas tipo “champán benjamín” son moi útiles para levar algo de viño), a cantimplora e a petanca con aguardente de herbas. xunto a 2 camisetas, planos, papel, boli, tabaco, etc.) Todo metido – repito - en bolsas de plástico, deixando os bolsillos laterais baleiros. Diste xeito, indo a mochila resguardada baixo a capelina, as proporcións de anchura e peso serán máis doadas e fáciles de protexer.

Semán Santa 2009 (3) .- Os Muros de Chao



Detalle dun forte túmulo nos Muros de Chao

3.- OS MUROS DE CHAO

Asi que escomenzéi a baixar a Coriscada con sol para remontar os Muros de Chao pola sua parte máis doada, unha vez chegado o grande túmulo que sinala o cruce de camiños.
Os Muros de Chao, unha hermosísima chaira noutrora rodeada de restos antergos equivalentes a muros arcaicos. Hoxe fica reconvertida nun laberinto de pistas con varios muiños eólicos, xunto a unha grande estación eólica ben gardada por un can.
A sua presenza intimidatoria fíxome vencer os Muros de Chao un pouco máis abaixo do camiño real, pola parte máis baixa, atravesando outra zona achairada, que hai uns anos estando a monte, sinalaba arcaicos emplazamentos dos seus mais antigos moradores. Hoxe é unha plantación de pinos. Daquelos restos somentes queda o recordo e unhas cantas fotos.

Equivocadamente seguín por despiste unha das pistas eólicas, descubrindo un túmulo con varias pedraditas en liña. Non é de estranar que as veces a disposición das pedrafitas rachen a ideia preconcebida dunha anta. Non fora a primeira vez. Penso que hai que fuxir das ideias preconcebidas e abrirse a novas formas que existiran no pasado para definir que non só vánse apresentar diante dos nosos ollos as típicas mámoas. Dende logo , houbo outras construccións. Natural, posto que esta vía de comunicación que é o Camiño dos Arrieiros era das máis importantes do noroeste peninsular e sendeiro de comunicación non só coa nosa costa, senón coas illas alén do Atlántico, por vía oceánica.

Decatado do erro, voltéi atrás e collera a senda precisa para empatar co Camiño dos Arrieiros, arestora convertido en pista, para atoparme con varias barreiras arbóreas: un verdadeiro cimiterio de pinos abatidos polo vendaval de hai un mes, que dificultaban o paso.
Vencendo penosamente ramaxes, troncos e restos de pinos caídos, chegamos ó final o cruce do Mouraz, co seu célebre cruce de camiños do Cristo de Mouraz. Temos percorrido 3 km.

Semán Santa 2009 (4) .- O Cristo de Mouraz e o Candedo


Forte túmulo nos Muros de Chao


Noutrora bosque fermosísimo de pinos, hoxe pelado con o chan lamoso, adivinanse unha apresurada tala e recolleita deles, deixando tras sí un lugar inhóspito.
No seu cruce, o Cristo de Mouraz, simbolizado pola pedrafita sinalizadora (onde na sua base sentábanse a xantar os catro curas de Mañón, Grañas, Devesos e Couzadoiro) das catro parroquias.
Entristecido polo brusco cambio da paisaxe, púxenme andar cara o Candedo. Non tén perda: o Camiño dos Arrieiros vai a rentes ou coincide con a longa e recta pista que leva ate o Candedo. Son dous tramos rectos , libres de muiños eólicos, en subida permanente bordeados de enormes túmulos, e con bó sitio para entoldar , aunque a desfeita do vendaval alí tivo a sua presenza con multitude de pinos arrancados do chan .
Este recto sendeiro acorta con moito o traxecto ate o Monte Faladoira con respecto a estrada xeral, aunque é un tramo intransitable para os coches, polas partes profundamente enlodadas do mesmo.
Mais si queredes entoldar e pasar a noite alí, cousa que recomendo os que querades facer o Camiño dos Arrieiros en dous dias; e tamén se o preferides, teredes que traer cara alí mesmo un coche de reforzo a través do cruce do Cristo de Mouraz, que empata moi ben coa estrada xeral, e logo seguir con senditiño a pista ate os pinares a 1,5 km.
O sol ía saindo e ún tivo que quitarse de encima algunhas prendas: xa levaba apartada nunha bolsa de plástico a capelina (sempre a mán, porque no intre menos preciso , pónse a chover de novo). Ía calor, aunque non para confiarse . A nosa dereita , a paisaxe é fermosísimo.
O final , o rectilíneo camiño real de 2,5 km empata con unha estrada asfaltada que nos vai levar a través e 1,5 km, a estrada xeral, atravesando por un caserío. Mais si queredes seguir sendo fieis o Camiño dos Arrieiros, non tedes mais que seguir subindo e ir pola pista dos muiños eólicos (que coincide co Camiño Real) ate o seu fin.
Chegamos un pouco cansos ó cruce, empatando coa estrada xeral das Pontes a Mañón . Levamos percorrido 7 km. Era perto da unha da tarde.

Semán Santa 2009 (5) .-. Xantar no Monte da Faladoira



Habia fame agardada!!

Entramos no monte a través dunha pista eólica, pois o camiño real estaba cortado pola estrada xeral. Chegados a caseta de madeira, tentamos xantar no seu inhóspito interior, cheo dos cristales rotos das fiestras producido polo vendaval de hai un mes; estas aberturas, creaban unhas fortes correntes de ár, e o que fora peor entón: facilitara de seguido a entrada do granizo e do vento frio que nos sorprendera cando intentabamos malamente acomodarnos nalgures no interior da caseta. O final optamos por achegarnos ate un especie de “mirador asfaltado” que fixeran as eólicas , o carón da xá famosa casetiña, para descansar, quitarse as prendas húmedas, xantar e poñerse ó sol como lagartos.
Despóis de xantar, fixemos unha pequena excursión ate o Cristo da Faladoira (único cruceiro emplazado nun túmulo megalítico), xusto en liña onde nós durmíramos a noite anterior.Chegamos o final do percorrido con os 9 km . Eran perto das tres e media dunha tardiña que antoxábasenos menos cruda da que supoñiamos.

Semán Santa 2009 (5) .- 1. No Monte da Faladoira


Un merecido descanso!!

Semán Santa 2009 (6) .- O REGRESO



Na foto podemos apreciar as duas únicas mámoas recuperadas de todas as máis de 82 existentes ó longo do Camiño dos Arrieiros.


Os outros nove kms de regreso foron un pouco máis doados, custa abaixo, ate o tramo de subida dende o Cristo de Mouraz ate os Muros de Chao, tendo enriba que afrontar os cortes na pista e fora dela, por un sinnúmero de pinos abatidos.

Acusando o cansancio de quén nos derradeiros anos non está afeito as grandes camiñadas, pero quente e bén protexido , chegamos sobor das sete da tarde o pico da Coriscada onde descansamos, ceamos e proseguimos xá no coche, un breve camiño de recoñecemento da zona; desistindo de investigar unhas fortes pedras que fican na baixada de Muros de Chao ante a presencia intimidadora do famoso can – vixiante da estación eólica (agora os das eólicas ate nos coartan a liberdade de pisar un camiño público!!) que seguía por alí.

Semán Santa 2009 (6) .- 1 Chegamos o Monte Blanco!!



Foto: A Fonte na chaira do Monte Blanco

Seguindo viaxe ate o Cruce de San Pedro; onde os emplazamentos de madeira e metal alí situados con referencias dos lugares faltáballes os paneis explicativos, igual que os postes que sinalizaban o Camiño dos Arrieiros: igualmente desaparecidos.
Deixamos o cruce atrás, e seguimos polo sendeiro original do Camiño a bater as duas mámoas recuperadas (igualmente sen paneis explicativos no seu soporte de metal) , parando por fin para pasar noite na chaira do Cristo da Pena Blanca, lugar enigmático hoxe ninguneado. O cruceiro do Cristo fica desaparecido, o seu fuste roto e toda a construcción destruida dende hai anos.
Na incursión feita o dia seguinte atopamos perto dunha fonte (a uns 50 m da chaira) os restos dunha pedrafita.

Semán Santa 2009 (6) .- 2- O Cristo do Monte Blanco


Así chamábanlle o cruceiro que sinalaba un lugar moi especial o pé do monte Blanco. Hoxe só fican estes restos.

Semán Santa 2009 (6) .- 3- A mítica Pena Blanca abandoada



Foto.- Outro panel desaparecido o pé dos túmulos máis preciados da mítica Pena Blanca.

Subimos a mítica Pena Blanca para recordar de novo a ubicación dos túmulos, os fortes murallóns de penas que separan ambolosdóus outeiros, as enormes pozas, as singulares marcas nas pedras e como contraste xeral, o desinterés amosado polas autoridades en mantér a dignidade do sitio, o non repoñer tan só os letreiros que fican o pé dos túmulos.

Seguindo viaxe, chegamos o seguinte outeiro, o Galiñeiro, onde fica o miradoiro onde perante anos levabamos as nosas amizades para amosarlles unha enorme panorámica tanto dos meandros do rio Sor, como das fermosas vistas do Cabo Ortegal, A Capelada, a península de Vares, o Viñedo, o Xistral na lonxanía… e relatarlles simbólica e resumidamente a historia do Camiño dos Arrieiros.

Hoxe non poderiamos volve-lo a facer, e moito menos levar alí a ninguén: tórnase peligrosos subir o armazón de madeira do miradoiro: na escaleira de madeira de acceso fáltalle un escalón, e non tén consistencia segura o piso interior da plataforma , faltándolles xá algunhas táboas.
Tamén desaparecéu o contido dos paneis explicativos.

Semán Santa 2009 (6) .- 4- Os Paneis do Miradoiro


Cómo se pode explicar que un lugar tan maravilloso e dende o cál a vista é fermosísima poida tér un abandono tan escandaloso?? Estos artefactos antes eran paneis explicativos...

Semán Santa 2009 (6) .- 5- O Miradoiro


Vista xeral do miradoiro do Galiñeiro. Sin mantemento augurámoslle un deterioro tranquilo e acentuado... si non ocurre ningunha desgraza, claro!!

Semán Santa 2009 (6) .- 6- O Miradoiro


Detalle da escaleira de acceso o miradoiro. Fáltalle un escalón... e para máis coña, o de arriba!!

Semán Santa 2009 (8) .- A Baixada cara Bares



Foto.- A chaira da Caldeira e Cañoles, a entrada a península de Vares, hoxendía destrozada e cortado definitivamente o Camiño dos Arrieiros po-la mina alí ubicada. A dia de hoxe existe un proxecto para inzar de eólicos toda esa chaira.

Seguimos viaxe ate o principio da baixada cara o Montedónigo-Mogor (O Barqueiro). O Camiño dos Arrieiros que discurría o carón do Galiñeiro, escorza e baixa definitivamente a rentes de duas mamoas ( que nos servirán de referencia para o futuro) para chegar (despóis de varios cortes e alternativas que oportunamente teremos forzadamente que facer) o cruce da estrada Ferrol-Viveiro.
Aunque de certo, ésta é a baixada oficial, provisionalmente poderemos coller a estrada asfaltada coa que empataremos o deixar atrás o Galiñeiro. Xá nos campos de Mogor, varios importantes obstáculos vánnos impedir seguir –aunque sexa alternativamente- o sentido do Camiño dos Arrieiros (encharcamento do chan, via férrea, mina ), véndonos na obliga de botar mán doutro Camiño Real: o Camiño do Barqueiro, para subir as Penas Cañoles, unirse de novo na parte alta da mina co Camiño dos Arrieiros no Campo do Tesouro , e seguir viaxe por éste a través do antigo cementerio neolítico da Chaira da Caldeira, que algúns queren destruir para implantar alí 4 muiños eólicos, tal e como fixeran os forestais de Ortigueira (que fachendea dun Festival Celta, consentindo esto…) os cales ampliando os cortalumes , destrozaran vestixios e as bisbarras dos complexos tubulares catalogados no seu do Campo do Tesouro.
No seu momento fixemos denuncia documentada a Patrimonio, sen nengunha resposta deste organismo, como sempre

Semán Santa 2009 (9) .- DERRADEIROS TRABALLOS DE CAMPO




Finalmente, na nosa viaxe de regreso as Pontes, tomamos nota dos diferentes detalles de cada tramo, para nun futuro próximo facer máis doado o visitante o percorrido.
En efecto : xogando coa táctica asociativa, iremos incorporando un vínculo, unha imaxe a cada tramo para, face-lo máis asociable e , porqué non, mais atractivo!! Van para dous anos que fixéramos o tríptico, mais non podemos botarnos a durmir.
Temos a obriga de seguir creando para atopar novos camiños que axuden a nosa misión de recuperar o Camiño dos Arrieiros

Semán Santa 2009 (9) .- 1. Rego de Ouro




E xá como colofón final, coma homenaxe o que fora o noso primeiro campamento, nos primeiros anos da nosa investigación do camiño, aló por principios de 1990, fumos xantar a zona do Rego de Ouro, visitando a tosca cruz (reutilizada dunha grande pedrafita) que fica o pé dun enorme camposanto que antóllasenos de épocas ben remotas sen precisar.

Semán Santa 2009 (9) .- 2. A Cruz do Camposanto do Rego de Ouro




Eiquí vedes a tosca cruz de formas arcaicas ... de verdade quixeran darlle esa forma de cruz??... porque non confundamos ese simbolo cristián cunha rudimentaria forma humán... de tódolos xeitos, fora reconvertido polos canteiros no que hoxendía vedes.
A sua orixe??, pois de seguro sería unha boa e grande pedrafita que sinalizaría a entrada ou o lugar onde moran os nosos ancestros.

Semán Santa 2009 (9) .- 2. A Cruz do Camposanto do Rego de Ouro

Semán Santa 2009 (9) .- 3. O Camposanto do Rego de Ouro



Veleiquí o lugar, delimitado de forma rectangular con fortes e antigos muros. Hoxe varios aeroxeneradores o invaden, mais alí continuará, con os seus ancestros descansando baixo pedras amoreadas... gardada pola grande pedrafita reconvertida en cruz cristián, ou en algo parello...

Semán Santa 2009 (10) .- Impresións finais



Non sabemos si foi acertada ou nón a non presencia dun taxi que nos levara a mitade do percorrido, para deixar alí o noso coche de apoio , e voltar de novo as Pontes para iniciar a mitade do percorrido.
Con 55 anos á espalda , ún xa non vai responder como si tivera 30, e os achaques van vindo queiras que non. Polo tanto, nunca sabremos si teríamos repostado ó reto de face-lo camiño enteiro en dous dias.

O caso é que fora interesante , tanto o traxecto que nos impoñéramos , e as visitas de actualización do noso patrimonio que o dia seguinte culmináramos esta nova etapa no que é xá un noso traballo de por vida : O Camiño dos Arrieiros”.