Arquivo

martes, 14 de abril de 2009

Semán Santa 2009 (3) .- Os Muros de Chao



Detalle dun forte túmulo nos Muros de Chao

3.- OS MUROS DE CHAO

Asi que escomenzéi a baixar a Coriscada con sol para remontar os Muros de Chao pola sua parte máis doada, unha vez chegado o grande túmulo que sinala o cruce de camiños.
Os Muros de Chao, unha hermosísima chaira noutrora rodeada de restos antergos equivalentes a muros arcaicos. Hoxe fica reconvertida nun laberinto de pistas con varios muiños eólicos, xunto a unha grande estación eólica ben gardada por un can.
A sua presenza intimidatoria fíxome vencer os Muros de Chao un pouco máis abaixo do camiño real, pola parte máis baixa, atravesando outra zona achairada, que hai uns anos estando a monte, sinalaba arcaicos emplazamentos dos seus mais antigos moradores. Hoxe é unha plantación de pinos. Daquelos restos somentes queda o recordo e unhas cantas fotos.

Equivocadamente seguín por despiste unha das pistas eólicas, descubrindo un túmulo con varias pedraditas en liña. Non é de estranar que as veces a disposición das pedrafitas rachen a ideia preconcebida dunha anta. Non fora a primeira vez. Penso que hai que fuxir das ideias preconcebidas e abrirse a novas formas que existiran no pasado para definir que non só vánse apresentar diante dos nosos ollos as típicas mámoas. Dende logo , houbo outras construccións. Natural, posto que esta vía de comunicación que é o Camiño dos Arrieiros era das máis importantes do noroeste peninsular e sendeiro de comunicación non só coa nosa costa, senón coas illas alén do Atlántico, por vía oceánica.

Decatado do erro, voltéi atrás e collera a senda precisa para empatar co Camiño dos Arrieiros, arestora convertido en pista, para atoparme con varias barreiras arbóreas: un verdadeiro cimiterio de pinos abatidos polo vendaval de hai un mes, que dificultaban o paso.
Vencendo penosamente ramaxes, troncos e restos de pinos caídos, chegamos ó final o cruce do Mouraz, co seu célebre cruce de camiños do Cristo de Mouraz. Temos percorrido 3 km.

No hay comentarios: