Arquivo

domingo, 2 de marzo de 2008


O Camiño dos Arrieiros , camiño tumular de máis de catro mil anos de antigüidade, escomenza no porto neolítico de Vares para ligar o mar coa importante meseta económica da Cunca do Eume ata As Pontes, vila noutrora básica para o desenvolvemento económico de toda a rexión norte, punto de partida de diferentes camiños reais; a través da limpa e aberta rota dos altos da Serra da Faladoira.


Ao longo desta primitiva rota de penetración ao interior dende o mar, podemos ollar máis de 100 túmulos, e diferentes asentamentos de diversas épocas primitivas.

Esta importante meseta económica do interior , onde confluían outros importantes camiños reais, era punto importante e básico para o desenvolvemento económico de toda a rexión norte ;

Na procura dos codiciados metais do estaño, chumbo, cobre etc., ou ben nos produtos do mar, existía na comarca un animado tráfico comercial dende as zonas achanzadas do interior ata a saída ao mar , no porto de Vares, pola limpa e aberta rota dos altos da Faladoira.


Se arrincamos do neolítico teremos en conta que os posíbeis comerciantes que tiñan en Vares un dos seus puntos neurálxicos tiñan que provir do norte, das terras de Armórica ou da Bretaña Insular ; ou ben do sul, da zona lusitana; sen menosprezar os grandes comerciantes do Mediterráneo, posibelmente os gregos cretenses ou micénicos. Os fenicios aparecerían un milenio máis tarde ca esoutros, cando se estabeleceron en Gadir, a grega Gedeira, a romana Gades, a actual Cádiz.


No hay comentarios: